top of page

Thomas Dylan

Biografía.

 

Thomas Dylan é un artista polifacético natural de Pazos de Borbén –Pontevedra–. Fotógrafo, videomaker, e MC, realizou os seus estudios de imaxe e publicidade no EISV e na UVIGO. Despois de pasar varios anos traballando para productoras do audiovisual galego, traballa na actualidade como técnico en audiovisuais para Quadra Producións e como Freelance.

 

Iniciouse no mundo da música como locutor do programa de HipHop “O2” da Radio Redondela e anos mais tarde como artista musical xunto ao grupo Nubes de Pedra, cos que lanzou un álbun titulado “Claroscuro”. O feito da sua obra estar en galego atraiu a discográfica Língua Nativa, aparecendo no primeiro álbum da mesma coa música “Para sempre calar”, xunto artistas de Portugal e Angola entre outros. 

 

Fortes Cadeas -Chove Live-

Sesión Live gravada por Javi H. 
Voz - Thomas Dylan
Producción musical - Genio en la sombra e 2Pas0s.
Dj - Ichi

Viaxe -Chove Live-

Sesión Live gravada por Javi H. 
Voz - Thomas Dylan
Producción musical - 2Pas0s e Genio en la sombra.
Dj - Ichi

Thomas Dylan - Chove

Novo traballo de Thomas Dylan, un concepto audiovisual no que colaboran os productores Genio en la Sombra y 2Pas0s, Ichi como DJ y Javi H como fotógrafo.

-Chove Artwork-

A imaxe do disco de chove, formulouse como un proxecto a longo prazo onde a relación entre o fotógrafo e o artista é fundamental para entendela. Formulado o concepto do disco, Javi H (fotógrafo e director de arte do proxecto) e Elena Diez (directora de arte do proxecto) decidiron apostar por unha idea global de imaxe de carácter persoal moi próxima ao artista, un proxecto artesanal onde tódolos detalles fosen en consonancia coa obra. Fotógrafo e artista retomaron a súa amizade para durante un ano documentar de forma realista ou metafórica o concepto do disco e das cancións. 

As 200 unidades de Chove están feitas a man, un duro traballo que poderedes apreciar se vos facedes cunha copia. Todas as accións realizadas de forma manual apoian Chove. Cada portada coa súa respectiva interacción achegan a poder palpar a choiva. A edición especial inclúe un pequeno fotolibro onde as imaxes retratan cada canción facendo que o oínte poida entrar na dimensión visual das mesmas.

 

@VersoLibreVigo / versolibrevl@gmail.com

bottom of page